Distribución gratuita de máscaras
A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.
Un Magosto especial (Infantil) – Novembro 2020
Estes días de outono, os nenos e nenas de catro e cinco anos fixeron o seu particular Magosto entre ourizos,castañas e unha gran fogueira. Aínda que botaron de menos a celebración propia destas datas, gozaron decorando as súas aulas.
Grafismos de outono (5º infantil)
Estes días a aula de catro anos encheuse de liñas para que os pequenos e pequenas practicasen diferentes trazados. Pasárono xenial xa que, ademais de poñer en práctica a súa grafomotricidade, traballaron as tonalidades que lle dan cor ao outono. Aquí tedes o resultado do traballo destes artistiñas!
Paremos a Lei Celaá
Con este artigo queremos informarvos da nosa fonda preocupación pola nova lei educativa, a LOMLOE, máis coñecida como Lei Celaá, que se está a debater actualmente no Parlamento, en plena pandemia da COVID-19, cando as preocupacións das familias e de toda a sociedade son outras moi distintas.