Información sobre o procedemento de matriculación (Curso 2021/22)

17/02/2021 at 19:30 / by

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 22 de marzo de 2021 (ambos inclusive)

Normativa reguladora do proceso de admisión:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Postos vacantes para o vindeiro curso:

Documentación a presentar:

  • Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente (excepto novo alumnado de 3 anos)
  • Anexo II “Documento de solicitude de admisión”. Pódese cubrir no ordenador e entregalo por duplicado.
  • Formulario normalizado (ED550B) que será facilitado gratuitamente no Colexio e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación admisionalumnado e na secretaría virtual da web do centro.
  • Fotocopia e orixinal do Libro de familia ou DNI para o novo alumnado de 3 anos.

Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.

Proceso de baremación:

En caso de ser necesario o proceso de baremo, POR MOTIVOS DE RECIBIR MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES, o centro solicitará máis documentación ás familias.

*Para o cálculo da renda familiar: sumar as casiñas 435 e 460 da declaración da renda 2019 e dividir entre o número de membros computables da unidade familiar a 28 de febreiro de 2021.

Criterio complementario:

  • Ser fillo/a de antigo/a alumno/a do centro.

Calendario de publicación das listaxes e matriculación

Consulta de listaxes:

  • Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do centro escolar
  • Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital

Áreas de influencia:

  • Perímetro comprendido por: parte leste da N-540 desde os límites do termo municipal ata cruce con Avenida de Marcelo Macías (Fonsillón, Laxas…). Marcelo Macías, rúa Domingo Fontán, rúa da Coruña,ata vía do tren.Parte oeste da vía férrea ata o límite do termo municipal (Cruceiro Quebrado, Residencia…).
  • Todas as rúas interiores dentro deste perímetro.

Áreas limítrofes:

  • Resto do municipio.

Descargar esta información en PDFSolicitude de admisión (Anexo II / ED550B)

Tamén che pode interesar…

Secretaría virtual (sección «Admisión 21/22»)

 

 
 

Comments are closed.