Carta de despedida (Graduación Primaria 2019)
Carta escrita pola mestra María Jesús Sánchez Feijoo dedicada ao alumnado de sexto.
Non apagues a luz da túa estrela (Graduación Primaria 2019)
Chegou o momento. Non teñades medo. Subide e collede con forza o novo tren que vos está agardando… e unha vez nel prometédenos unha cousa: que nunca apagaredes a luz desa estrela que coñecimos brillando dentro de cada un de vós.
Paso a paso…hoxe damos un gran salto (Graduación Infantil 2019)
Din que o tempo pasa moi rápido… chegamos hai tres anos camiño a algo novo. Foi tempo de aprender, compartir, descubrir, cultivar momentos. Hoxe damos un gran salto, vémonos moi pronto en primaria!
O impulso que nunca debemos perder
Agora chega o momento de que collades a vosa bagaxe chea de experiencias e que sigades facendo camiño. Xuntos vivimos grandes momentos, momentos que fixeron historia. Cada chanzo que subimos foi un novo éxito colleitado; porque as cousas en grupo sempre saen mellor. Xuntos percorremos novos camiños e acadamos cumes […]