Secretaría virtual
Lembra que moitas destas xestións e consultas tamén as podes realizar a través de Dinantia.
Xustificante de ausencias e demoras
Nesta ligazón podes consultar todas as causas que se consideran xustificables e máis información do Protocolo de Absentismo da Consellería de Educación.
Modelo de petición de titoría
Atendemos presencial ou telefónicamente ás familias todos os martes, de 16.00 a 17.00 horas, con cita; e tamén noutras franxas de permanencia do profesorado.
Información a proxenitores non custodios
Se tes a patria potestade pero non a garda e custodia presenta este documento para que poidamos garantir o teu dereito a recibir información académica.
Libros de texto e materiais
(Curso 2026/27)
Consulta a listaxe de libros de texto e material escolar cos que se traballará en cada curso de infantil e primaria.
Fichas de inscrición
(Curso 2026/27)
Documentos para actualizar a información persoal, teléfonos, enderezos e outros aspectos relevantes de cara ao novo curso.
Inscrición nos servizos de acollida matinal e comedor
Formulario para solicitar o uso habitual destes servizos, incluíndo a opción de domiciliación bancaria.
Plan de Alerta Escolar (Emerxencias 061)
Programa que facilita a atención inmediata e eficaz do alumnado escolarizado con patoloxías crónicas que poidan provocar crises (alerxias alimentarias, crises convulsivas, diabetes…).
Punto Laranxa Virtual contra o acoso e o ciberacoso
Canle virtual anónima para que calquera membro poida denunciar situacións de acoso ou ciberacoso. Esta ferramenta forma parte da iniciativa do Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar en Galicia.
Outras xestións
Nalgunhas épocas do ano quizáis necesites realizar algunha xestión concreta ou consultar convocatorias específicas. Aquí amosamos algunhas delas.
Admisión curso 2026/27
Aquí recollemos unha selección de información sobre a documentación necesaria, normativa aplicable, prazos e demais aspectos a ter en conta relacionados coa admisión de alumnado para o vindeiro curso.
Fondolibros e axudas de libros e material
Aquí está toda a información relacionada con Fondolibros e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar convocadas pola Xunta de Galicia. Pódense tramitar pola sede electrónica ou entregando no centro a solicitude en papel.
Axudas do Concello de Ourense
Tramítanse directamente no Concello de Ourense, aínda que pode ser preciso que nos solicites algún documento para incorporar na solicitude. Aínda que avisamos puntualmente aconsellamos consultar a páxina web municipal.
Non atopas o que buscas?
Resolvemos as túas dúbidas, acompañámoste nas túas xestións e axudámosche a cubrir formularios e realizar os trámites que necesites.

