Libros e material (Curso 2026/27)
Prepara o novo curso sen complicacións. Aquí podes descargar a listaxe completa de todo o centro en formato PDF ou ir directamente ao próximo curso do teu fillo/a. Tamén incorporamos outra información de interese (uso de mandilón, chándal, normas de conservación ou etiquetado do material, etc…)
Últimas modificacións desde a publicación orixinal (22/06/2026): 0
Indicacións a ter en conta
Mandilón oficial
Obrigatorio desde os 3 anos ata 4º de educación primaria. Pódese adquirir no establecemento Luz Moda y Lencería (Avenida de Zamora, 85).
Chándal oficial
Obrigatorio para todos os cursos. Utilizarase para as sesións de psicomotricidade, educación física, actividades deportivas e nas saídas. Pódese adquirir en Intersport Bouso (Rúa Curros Enríquez, 5, Ourense). So se admitirán os modelos das últimas dúas edicións (é dicir, os vendidos en Sfera ata 2023 e os actuais).
Etiquetado do material e chándal
Parte do material escolar (seguindo as indicacións que vos facilite o profesorado), todos os libros, o mandilón e chándal deberán ter o nome do alumno/a nun lugar visible para facilitar a súa identificación no caso de extravío.
Conservación do Fondolibros
O alumnado beneficiario de fondolibros (de 4º a 6º de educación primaria) deberá traer os libros protexidos con forro plástico non adhesivo e sobre eles o seu nome. No caso de que ao remate do curso non se atopen en bo estado de conservación, segundo a normativa vixente a familia estará obrigada a adquirir un exemplar novo.

