cada día, un menú para medrar
Comedor escolar
Ofrecemos un servizo elaborado por profesionais con máis de 30 anos de experiencia, especializados na preparación de menús equilibrados e comprometidos cunha cociña natural, artesanal e de calidade.
Moito máis que sentarse á mesa
O noso comedor é moito máis que un espazo para xantar. Procuramos que cada día sexa unha experiencia agradable, educativa e segura, acompañando ao alumnado antes, durante e despois da comida.
Acompañamento próximo
Monitora e profesorado do propio centro comparten este tempo co alumnado, creando un ambiente familiar, seguro e de confianza.
Hábitos saudables
Acompañamos na adquisición de bos hábitos alimentarios, animando a probar novos sabores e a gozar dunha alimentación variada e equilibrada.
Tempo de lecer incluído
Tras a comida, o alumnado permanece atendido ata as 16.00 horas (curso 2026/27) participando en xogos no patio ou en actividades na aula.
Tres tarifas para adaptarnos ás túas necesidades
Importes xa actualizados para o curso 2026/27
7 € / día
Todo o mes (curso completo)
Se vas facer uso do servizo durante todo o curso, esta é a túa tarifa diaria.
8 € /día
Alternos fixos
Para quen necesite días fixos na semana (por exemplo, todos os martes e xoves).
9 € / día
Esporádico
Ideal para necesidades puntuais ou cando se presentan imprevistos ocasionais.
O que máis nos preguntan
-
Que ocorre se o meu fillo/a ten unha alerxia ou intolerancia alimentaria?
Dispoñemos de menús adaptados ás distintas alerxias, intolerancias e outras necesidades alimentarias, co obxectivo de garantir unha alimentación segura e axeitada. Se este é o teu caso, debes comunicalo no momento de solicitar o servizo.
-
Ata que hora podo solicitar un día esporádico de comedor?
Se precisas facer uso do comedor de forma puntual, debes comunicalo ao centro antes das 10.00 horas do mesmo día para garantir a correcta organización do servizo.
-
Por que os prezos aparecen por día e non por mes?
Porque o comedor non se cobra mediante unha cota mensual fixa, senón en función dos días lectivos de cada mes. Isto significa que nos meses con festivos, vacacións ou menos días de clase, o importe tamén será menor. Aínda que o centro mantén os mesmos custos durante todo o curso, decidimos asumir este modelo por consideralo unha vantaxe para as familias e unha forma máis flexible de acceder ao servizo.
-
O meu fillo/a come moi lento ou cústalle rematar o prato, ¿obrígase a comer todo?
Non se obriga a comer á forza, pero si se estimula e se anima aos nenos/as a que proben todos os alimentos (especialmente as verduras e o peixe) para que vaian educando o padal. O obxectivo é que coman unha cantidade saudable respectando os seus ritmos, axudando e motivando con paciencia.
-
Que ocorre se o meu fillo/a non asiste ao comedor durante varios días?
As ausencias de ata cinco días lectivos non dan dereito á devolución de cantidades. Ademais, para que unha baixa ou modificación do servizo poida tramitarse, debe ser comunicada por escrito ao centro. Nos casos de ausencias prolongadas por causas de forza maior, cada situación é estudada de maneira individual.
Entón… poñemos un prato máis?
Se queres que o teu fillo/a veña ao comedor, podes solicitalo a través de Dinantia dirixíndote á Dirección do centro. Se desexas domiciliar o pagamento do servizo, deberás descargar e presentar esta ficha.

