Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CPR San Pío X de Ourense está constituído ao abeiro do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, así como o resto de referencias lexislativas en materia lingüística, co firme propósito de mellorar a situación de inferioridade na que se atopa a lingua galega fronte o castelán.

Polo tanto, as actividades que propoñemos ao noso alumnado están encamiñadas á normalización do galego nos diferentes contextos onde a lingua continúa en clara desvantaxe así como súa dinamización naqueles espazos de convivencia onde se atopa máis presente.

A composición do EDLG é a seguinte:

  • Vanesa Fernández Rodríguez, representante de infantil.
  • Estefanía Graña Coello, representante de primeiro e segundo de primaria.
  • Victoria Fernández Campo, representante de terceiro e cuarto de primaria.
  • David Rial Araújo, coordinador do EDLG e representante de quinto e sexto de primaria.

Todos os membros do EDLG do Colexio San Pío X estamos profundamente convencidos de que o noso labor require grandes e lentas transformacións, pero contamos coa vontade de levalas a cabo. Os mestres deste colexio cremos firmemente na riqueza das linguas, tal e como escribía Manuel María: “o idioma é a chave coa que abrimos o mundo”. Agardamos que o noso esforzo e ilusión continúe sendo capaces de dotar aos nosos alumnos/as das ferramentas necesarias para que non renuncien a ela.


Actividades destacadas do EDLG deste colexio Portal da Lingua Galega (Secretaría Xeral de Política Lingüística)