Xian e o seu conto de outono

Xian e o seu conto de outono

29/11/2020 at 18:00

Xian, alumno de 2º de primaria, sorprendeu á súa familia este outono escribindo un libro que nos amosa nas fotografías: La castaña y su viaje a Marte. Quen sabe se este pode ser o inicio dunha apaixonante carreira de escritor! Parabéns, Xian!

 
Distribución gratuita de máscaras

Distribución gratuita de máscaras

15/11/2020 at 13:51

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.

 
Un Magosto especial (Infantil) – Novembro 2020

Un Magosto especial (Infantil) – Novembro 2020

11/11/2020 at 12:32

Estes días de outono, os nenos e nenas de catro e cinco anos fixeron o seu particular Magosto entre ourizos,castañas e unha gran fogueira. Aínda que botaron de menos a celebración propia destas datas, gozaron decorando as súas aulas.

 
Grafismos de outono (5º infantil)

Grafismos de outono (5º infantil)

10/11/2020 at 12:51

Estes días a aula de catro anos encheuse de liñas para que os pequenos e pequenas practicasen diferentes trazados. Pasárono xenial xa que, ademais de poñer en práctica a súa grafomotricidade, traballaron as tonalidades que lle dan cor ao outono. Aquí tedes o resultado do traballo destes artistiñas!