Excursión a Castrelo de Miño (6º de primaria) (2021)

01/06/2021 at 13:40 / by

E así foi, como despois de tantos meses agardando, saímos da aula! Este vídeo é unha lembranza da derradeira excursión do alumnado de 6º de primaria, que para o ano que vén xa non formará parte do noso colexio. Oxalá que o vindeiro ano a situación mellore e o resto de cursos tamén poidan participar nas súas!

Este curso, igual que en Castrelo, tivemos que enfrontarnos a ondas, refachos de vento imprevistos e dificultades descoñecidas. Pero xuntos, tamén aprendemos que o importante non é caer, senón estar preparados para erguernos de novo.

Protocolo COVID-19:

1. Transporte: establecemos un nivel de ocupación do 50% no autocar, de xeito que o asento do carón de cada alumno/a foi desocupado.

2. Nas actividades acuáticas foi obrigatorio o uso da máscara, salvo naquelas individuais onde se mantiña distancia de seguridade (paddel surf/windsurf)

3. O xantar foi ao aire libre en mesas de tres e catro persoas.

4. A distribución no transporte e xantar gardou consonancia coa súa localización diaria na aula, respectando os contactos estreitos habituais de cada compañeiro/a.

 
 

Comments are closed.