Celebramos os Maios en infantil (2021)

31/05/2021 - 12:41

Seguindo a coñecida costume ourensá de elaborar diferentes Maios para celebrar o inicio da primavera, nas aulas de infantil non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer as nosas propias esculturas primaverais. Así entre limóns, fresas, flores e algunha que outra cousiña máis, conseguimos estes Maios tan alegres e cheos de cor. Agardamos que vos gusten xa que os pequenos e pequenas do colexio puxeron moitas ganas na elaboración desta tarefa.

Galería fotográfica completa

 
 

Os comentarios están pechados