Draw My Life: Rosalía de Castro

12/02/2021 at 20:15 / by

O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía e desde o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) queremos compartir un recurso que elaboramos para aproximarnos á vida da escritora.

Trátase dun Draw My Life dirixido e editado polo mestre David Rial, e narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria deste centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo «TikTak Draw» de YouTube, e que nos concedeu a súa autorización. Tamén contamos coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos.

Agradamos que vos guste e agradecemos a súa divulgación!

 
 

Comments are closed.