Volveremos a brillar

07/02/2021 at 11:02 / by

Sen imaxinalo, esta foi a nosa última viaxe, xusto hai un ano. Un día de cultura e reflexión do noso pasado como país no Gaiás, de paseo polas rúas do Casco Vello compostelán, de gargalladas na Praza do Obradoiro, de xantar no campus universitario e dúas horas nas que quedamos abraiados coas luces e a cor do Circo do Sol.

Hoxe valoramos máis ca nunca estas lembranzas, porque achegan momentos do pasado moi felices, pero sobre todo porque desexamos que cheguen outros semellantes. Queremos construír experiencias novas, darnos apertas, acurtar distancias entre nós percorrendo quilómetros e mesmo revirir esa nerviosa sensación de viaxar nun autobús con catro ducias de cativos e un ateigado itinerario.

Foi a última, pero do que estamos convencidos é de que non será a derradeira. 

VOLVEREMOS A BRILLAR.

 
 

Comments are closed.