Secretaría virtual

Nesta sección incluimos en arquivos descargables (formato .pdf) os documentos máis relevantes para o presente curso. Se botas en falta algún, contacta con nós.

Xustificación de ausencias e demoras

A comunicación das faltas de asistencia a clase, demoras ou saídas nalgún momento da xornada lectiva deben ser comunicadas por escrito ante o profesorado titor. Segundo proceda, pode que sexa necesario aportar máis documentación. Lembramos que, segundo a normativa vixente, son faltas xustificables: a) Citacións que impliquen un deber inescusable, siendo xustificable o tempo necesario. b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a examen e probas oficias ou similiares, sendo xustificable o tempo necesario. d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos. e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.


Modelo de petición de titoría

Os martes, de 16.00 a 17.00 horas, os mestres do centro atenden entrevistas con todos os pais/nais ou representantes legais do alumnado que previamente o soliciten.


Modelo de solicitude de información de proxenitores non custodios

Aqueles proxenitores que ostenen a patria potestade dos seus fillos/as pero non a garda e custodia deberán cumprimentar este documento se desexan recibir información académica.


Avaliación, cualificación e promoción en primaria

Documento que resume as principais consideracións respecto á avaliación, a cualificación das materias segundo o establecido nas programacións didácticas e os criterios de promoción de curso ou etapa en educación primaria.


Libros de texto e material escolar (Curso 2024/25)

Sección na que se pode consultar e descargar a lista de libros e material escolar para o curso 2024/25, agrupados por niveis educativos. Tamén ofrecemos a posibilidade de obter toda esta información agrupada nun único arquivo.


Ficha de inscrición infantil (Curso 2024/25)

Ficha de inscrición de 1º a 4º de primaria (Curso 2024/25)

Ficha de inscrición de 5º a 6º de primaria (Curso 2024/25)


Inscrición no Plan de Alerta Escolar (Emerxencias 061)
Programa que facilita a atención inmediata e eficiente dos nenos e nenas escolarizados cunha patoloxía crónica e que poden desenvolver en calquera momento unha crise (alerxias alimentarias, crises comiciais, diabete…). Para darse de alta no programa é preciso entregar no centro o formulario de inscrición xunto cun informe médico no que se especifique o diagnóstico e as recomendacións asistenciais.


Ficha de inscrición en servizos complementarios (atención matinal e comedor)

Formulario para solicitar o servizo de acollida matinal ou comedor no caso de que se vaia precisar con regularidade. Tamén inclúe a posibilidade de indicar os datos para a domiciliación bancaria do pagamento. No caso de intolerancias alimentarias é preciso presentar informe médico, segundo a normativa vixente. 

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria (…) para o curso 2023/24.

Existen dúas opcións para tramitar esta solicitude:

Solicitude telemática Solicitude presencial: Anexos I e II. 

Para a presentación telemática poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e CHAVE365. A solicitude presencial realizarase a través do alumnado, que entregará ao titor/a os anexos I e II cumprimentados en bolígrafo azul e letra MAIÚSCULA.