Arcos da vella, cores de esperanza.
Desde os fogares chegan fotografías dos arcos da vella feitos polos nosos nenos e nenas. #TodoSairáBen
Continuamos a obra de Kandinski
Nesta avaliación os nenos e nenas de tres anos seguen a traballar a figura do círculo a través da imitación de obras do autor ruso Vasili Kandinski. Primeiro fixeron un xogo de discriminación de figuras xeométricas para recoñecer os círculos e xogaron a ordenalos por tamaños unha vez os tiñan […]
O Entroido dos animais
Outro ano máis a nosa cita co Entroido estivo chea de cor e ledicia por parte de todos os cativos que, ataviados de diferentes animais, percorreron as beirarrúas do barrio.
Coñecendo o corpo e os sentidos…
Estas semanas estamos traballando as distintas partes do corpo e os sentidos. Para iso fixemos uns bonecos de neve que nos axudaron a diferenciar cabeza e tronco, practicamos a facer persoas con plastilina…