Continuamos a obra de Kandinski

13/03/2020 at 20:35 / by

Nesta avaliación os nenos e nenas de tres anos seguen a traballar a figura do círculo a través da imitación de obras do autor ruso Vasili Kandinski. Primeiro fixeron un xogo de discriminación de figuras xeométricas para recoñecer os círculos e xogaron a ordenalos por tamaños unha vez os tiñan separados do resto de figuras. Despois disto, pasaron a elaborar cada un a súa representación da obra Algunos Círculos pegando círculos de diferentes cores e tamaños nun fondo branco. Por último, fixeron esa mesma representación empregando témperas e pinceis. Pasárono xenial e quedou unha decoración de aula moi colorida. Estes nenos e nenas son uns auténticos artistas!

Galería fotográfica completa

 
 

Comments are closed.