O Entroido dos animais

22/02/2020 - 17:50

Outro ano máis a nosa cita co Entroido estivo chea de cor e ledicia por parte de todos os cativos que, ataviados de diferentes animais, percorreron as beirarrúas do barrio. Un variado desfile que chegou ata as inmediacións do Xardín do Posío e que non deixou indiferente a ningún viandante. Como novidade, e dentro do plan de colaboración que mantemos co Centro Interxeracional de Ourense, os rapaces de quinto e sexto visitaron aos seus usuarios para amenizar musicalmente a xornada. 

 

Galería fotográfica

 
 

Os comentarios están pechados

 
 
 

Utilizamos cookies de Google Analytics e outras tecnoloxías para xerar estatísticas de audiencia e análise de navegación. Se segues navegando estarás a aceptar o seu uso. → MÁIS INFORMACIÓN

ACEPTAR
Aviso de cookies