Portas Abertas 2020
Este ano organizamos unhas Xornadas de Portas Abertas individualizadas que nos permiten atender dunha maneira máis próxima ás novas familias do colexio.
Axenda de Nadal 2019
Achégase o Nadal e temos preparadas algunas actividades para celebrala. Esta é a nosa axenda á que estades convidados a asitir!
Un Samaín cheo de luz
Esta semana celebramos o Samaín. Por ese motivo o alumnado máis pequeniño do colexio elaborou unhas velas para decoraren as súas casas de maneira terrorífica. Ademais disto, desfrutaron dunhas exquisitas gominolas e uns aterradores ollos de chocolate. Ao longo da semana tamén estivemos aprendendo cancións e traballando con vídeos e contos relacionados con esta data tan sinalada.
O círculo de Kandinski
Nos primeiros días de outubro os nenos e nenas da aula de tres anos estivemos traballando a figura do círculo. Primeiro practicamos debuxando sobre area co dedo, e acto seguido, pasamos a facelo en cartolina con témperas e pinceis, imitando cadros do famoso pintor ruso Vasili Kandinski.