Un Samaín cheo de luz

Un Samaín cheo de luz

30/10/2019 at 21:00

Esta semana celebramos o Samaín. Por ese motivo o alumnado máis pequeniño do colexio elaborou unhas velas para decoraren as súas casas de maneira terrorífica. Ademais disto, desfrutaron dunhas exquisitas gominolas e uns aterradores ollos de chocolate. Ao longo da semana tamén estivemos aprendendo cancións e traballando con vídeos e contos relacionados con esta data tan sinalada.

 
O círculo de Kandinski

O círculo de Kandinski

29/10/2019 at 18:30

Nos primeiros días de outubro os nenos e nenas da aula de tres anos estivemos traballando a figura do círculo. Primeiro practicamos debuxando sobre area co dedo, e acto seguido, pasamos a facelo en cartolina con témperas e pinceis, imitando cadros do famoso pintor ruso Vasili Kandinski.

 
Creando arte con canicas

Creando arte con canicas

18/10/2019 at 16:50

Hai un par de semanas na aula de tres anos descubrimos un novo xeito de crear arte: mesturar cores empregando canicas. Puxemos moito empeño en descubrir que cores novas conseguiamos se mesturábamos unhas con outras. Foi divertidísimo e aquí tedes o resultado dalgunhas das creacións obtidas. Estamos feitos uns verdadeiros […]

 
Mensaxe de benvida – Curso 2019/20

Mensaxe de benvida – Curso 2019/20

10/09/2019 at 23:20

Co recendo das xornadas de lecer aínda na nosa pel empezamos un novo curso, unha nova andadura…