Información sobre o procedemento de admisión (Curso 2024/25)
Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive)
Prazas vacantes:
Datos actualizados: 29 de febreiro de 2024.
Entrega de solicitudes presenciais:
- Non se recollerán solicitudes riscadas ou correxidas.
- Lean ben as instrucións antes de cubrir a solicitude.
- Horarios de entrega:
- Mañás: en horario de atención ao público.
- Tardes: luns de 15.30 a 17.30 horas, martes de 16.00 h a 16.45 horas e mércores de 15.30 a 17.30 horas.
- Para outros horarios chamen previamente ao centro: 988 221 127
Calendario do proceso
Outros datos de interese:
- Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- No caso de separación ou divorcio é necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Art. 14.4)
- En caso de ser necesario o proceso de baremo, POR MOTIVOS DE RECIBIR MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES, o centro solicitará máis documentación ás familias.
Áreas de influencia e limítrofes:
- Áreas de influencia:
- Perímetro comprendido por: parte leste da N-540 desde os límites do termo municipal ata cruce con Avenida de Marcelo Macías (Fonsillón, Laxas…). Marcelo Macías, rúa Domingo Fontán, rúa da Coruña, ata vía do tren. Parte oeste da vía férrea ata o límite do termo municipal (Cruceiro Quebrado, Residencia…).
- Todas as rúas interiores dentro deste perímetro.
- Áreas limítrofes:
- Resto do municipio.
Criterio complementario no caso de baremación:
- Ser fillo/a de antigo alumno do centro.