Nace PíoBot, o ‘asistente virtual’ do Colexio San Pío X en Telegram

27/07/2020 - 10:00

O Colexio San Pío X vén de estrear o xoves 23 de xullo de 2020 un bot integrado na plataforma de mensaxería instantánea Telegram con obxectivo de ampliar o acceso á información sobre o centro por parte da comunidade educativa.

Deste xeito, calquera usuario da aplicación pode engadir á súa listaxe de conversas a conta @colexiosanpiox_bot rexistrada co nome de PíoBot. A partir dos dez botóns principais integrados na parte inferior da pantalla os participantes poden acceder de maneira rápida e intuitiva aos datos relevantes que máis consultas e dúbidas suscitan cada curso.

  1. Coñécenos: información xeral do centro, historia, valores, organigrama, lema do curso, normativa básica, dereitos, deberes e normas de organización e funcionamento.
  2. Calendario escolar: datas destacadas, non lectivas, períodos vacacionais e calendario.
  3. Libros e materiais: clasificación por niveis educativos dos libros de texto e os materiais que se empregarán durante o curso. Pódese consultar en pantalla ou descargar en PDF.
  4. Secretaría virtual: fichas de inscrición, modelo de xustificación de ausencias,  demoras e petición de titorías, formulario de inscrición no Plan de Alerta Escolar (061) e solicitude de alta nos servizos complementarios de acollida matinal e comedor.
  5. Menú do comedor: visualización do menú mensual con información sobre alérxenos e opción de descarga en formato PDF.
  6. Actividades extraescolares: lista e horarios destas actividades xestionadas pola ANPA.
  7. Blog: ligazón directa ao blog do centro onde se publican noticias, instrucións e actividades desenvolvidas nas aulas, coa opción tamén de acceder segundo a temática das publicacións (infantil, primaria, EDLG, entroido, graduacións, Letras Galegas, Nadal, Portas Abertas, Proxectos, Saídas e excursións, etc…)
  8. Vídeos: Acceso a todos os vídeos publicados na canle de YouTube.
  9. As nosas redes: ligazón de todas as redes sociais rexistradas polo centro.
  10. Falamos?: métodos de contacto co equipo directivo, profesorado e responsable TIC.

Estes contidos serán actualizados constantemente para aprender como abordar temas adicionais, a medida que se dispoña de nova información, ou para mellorar a calidade das respostas e a atención ás familias en calquera momento e desde calquera lugar. O proxecto forma parte dun amplo plan de modernización das ferramentas TIC de xestión das comunicacións coas familias.

Acceder a PíoBot


Tamén che pode interesar…

Telegram: guía rápida de instalación
 
 

Os comentarios están pechados