Telegram: guía rápida de instalación

06/04/2019 at 23:20 / by

 

Telegram é unha aplicación de mensaxeiría instantánea semellante a WhatsApp, gratuíta e dispoñible para Android, iOS (iPhone, iPad) e ordenadores.

 

Por que nos gusta tanto Telegram e non WhatsApp?

✓ Entre outros motivos, pola seguridade e as opcións de privacidade que ofrece:

Cando se engade a unha persoa a un grupo de WhatsApp, todos os membros poden ver o seu número de teléfono. En Telegram, o usuario únicamente ve os números de teléfono das persoas que ten na súa axenda. Os demáis quedan identificados cun alias (nome de usuario) 

Somos conscientes de que moitas familias xa os coñecedes pero cremos que esta é a forma máis responsable de levar a cabo a iniciativa desde un centro educativo. 

Ademais tamén nos ofrece funcionalidades extra que non incorpora WhatsApp, como a posibilidade de organizar enquisas, moderar a intervención dos membros , instalar bots que executen accións automatizadas, etc…

 

Instalación de Telegram:

  1. Abrir Google Play (Android) ou App Store (iPad/iPhone).
  2. Escribir “Telegram” na caixa de búsqueda. (Tamén existe a app oficial “Telegram X”).
  3. Proceder á instalación.
  4. Rexistro na aplicación: Telegram pedirá un número de teléfono ao que realizará unha chamada ou enviará un SMS cun código para introducir durante o proceso (paso semellante en WhatsApp).
  5. Neste punto, a conta de Telegram debería estar xa creada.
  6. (OPCIONAL PERO MOI RECOMENDABLE). Se queredes ocultar o número de teléfono nesta aplicación: Na barra lateral esquerda seleccionamos AJUSTES / ALIAS (escribimos un nome de usuario). A partir dese momento, toda interacción que se realice a través de Telegram sempre amosará o nome de usuario escollido e non o número de teléfono. 

Algunha dúbida coa instalación?

Formulario de contacto
 
 

Comments are closed.