Celebramos o Día das Letras Galegas 2018
O 20 de marzo de 1963 tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano Día das Letras Galegas como data para «recoller o latexo material da actividade intelectual galega». A galardoada deste ano é María […]
Infantil coñece a tradición dos Maios
Facendo mostra da súa creatividade e bo facer en equipo, o alumnado de infantil mesturou a súa maña para elaborar un Maio moi corido e celebrar así esta tradición tan coñecida na nosa provincia.
Saboreando
Os máis cativos do cole realizaron algunhas tarefas do máis entretidas. Os nenos e nenas de tres anos, que son uns grandes chefs, prepararon coa axuda da súa mestra uns deliciosos pingüíns de chocolate e plátano que devoraron con ansia. Son uns larpeiros!
Cepillando
Aínda que os nosos pequenos e pequenas lles encanta o doce,tamén recibiron a visita dun dentista que lles ensinou a coidar os seus dentes e asúa boca de maneira apropiada para gozar dunha estupenda saúde bucodental. Foi moi divertido cepillar eses dentes tan xigantes.