Excursión a Castrelo de Miño (6º de primaria) (2021)

Excursión a Castrelo de Miño (6º de primaria) (2021)

01/06/2021 at 13:40

E así foi, como despois de tantos meses agardando, saímos da aula! Este vídeo é unha lembranza da derradeira excursión do alumnado de 6º de primaria, que para o ano que vén xa non formará parte do noso colexio. Oxalá que o vindeiro ano a situación mellore e o resto de cursos tamén poidan participar nas súas!

 
Celebramos os Maios en infantil (2021)

Celebramos os Maios en infantil (2021)

31/05/2021 at 12:41

Seguindo a coñecida costume ourensá de elaborar diferentes  Maios para celebrar o inicio da primavera, nas aulas de infantil non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer as nosas propias esculturas primaverais.

 
Charla sobre a radiación solar (Farmacia Val)

Charla sobre a radiación solar (Farmacia Val)

27/05/2021 at 17:35

Esta semana recibimos a visita de Mauro e María, da Farmacia Val, para coñecer de preto a necesidade de coidar a nosa pel da radiación solar.

 
Vida e obra de Xela Arias

Vida e obra de Xela Arias

06/04/2021 at 17:25

Un ano máis colaboramos co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego Domínguez para conmemorar as #LetrasGalegas2021, dedicadas nesta ocasión a Xela Arias Castaño. Neste vídeo narrado polo alumnado de 5º de primaria podedes aprender moitas cousas da súa vida!