Acollida matinal de 7.30 a 9.00 horas (Curso 2022/23)

19/08/2022 at 18:00 / by

O 15% das enquisas recibidas en xuño solicitaron que a acollida matinal comezase antes do horario habitual. Como sabedes, o servizo actual é desempeñado polo profesorado do centro de 8.00 a 9.00 horas, e así seguirá sendo durante o vindeiro curso. Non obstante, para atender esta petición e ofrecelo desde as 7.30 horas vémonos na necesidade de ‘externalizalo’ parcialmente.

Condicións e prezos:

Para cubrir o custo que nos supón un monitor/a cun contrato mínimo dunha hora diaria é necesario contar con 8 usuarios ao longo de todos os meses do curso (54 €/mes). Consideramos que un grupo máis reducido non sería rendible economicamente para vós. Se houbera máis de 12 usuarios/as, reduciríanse 10 € do prezo mensual (44 €/mes).

Inscrición:

As familias que esteades interesadas en inscribir aos vosos fillos/as só de 7.30 a 9.00 horas tedes que cubrir este formulario antes do 5 de setembro.

Formulario de inscrición (ata 05/09/2022)

E, por suposto, a modalidade actual de 8.00 a 9.00 horas mantén o seu prezo de 22 €/mes. 

 
 

Comments are closed.