Grafismos de outono (5º infantil)
Estes días a aula de catro anos encheuse de liñas para que os pequenos e pequenas practicasen diferentes trazados. Pasárono xenial xa que, ademais de poñer en práctica a súa grafomotricidade, traballaron as tonalidades que lle dan cor ao outono. Aquí tedes o resultado do traballo destes artistiñas!
Paremos a Lei Celaá
Con este artigo queremos informarvos da nosa fonda preocupación pola nova lei educativa, a LOMLOE, máis coñecida como Lei Celaá, que se está a debater actualmente no Parlamento, en plena pandemia da COVID-19, cando as preocupacións das familias e de toda a sociedade son outras moi distintas.
Un Samaín terrorífico
A pasada semana as aulas de Infantil enchéronse de criaturas terribles para celebrar o Samaín. Ao longo deses días os pequenos e pequenas gozaron de contos relacionados coa temática, escoitaron e bailaron cancións e unha vez máis, mostraron as súas dotes de artistas
Cores de outono (II) – (4º infantil)
O luns anterior apareceron na aula de tres anos catro caixas misteriosas e un conto que os amigos castores deixaron durante a fin de semana. Cando os pequenos e pequenas as abriron, descubriron que estaban cheas de elementos do outono…