Información sobre o procedemento de admisión (Curso 2022/23)

28/02/2022 at 13:56 / by

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 21 de marzo (ambos inclusive)

Normativa reguladora do proceso de admisión:

  • Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (BOE 04/05/06)
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, que modifica a LO 2/2006 (BOE 30/12/20)
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º Ciclo de EI, de EP, de ESO e de Bacharelato reguladas na LO 2/2006, do 3 de maio de Educación (DOG 11/02/22).
  • Instrucións Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/23.

Provisionalmente:

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Prazas vacantes:

Documentación a presentar:

Para presentar a solicitude de xeito presencial deberá cubrir este formulario en COR AZUL E MAIÚSCULA e entregar dúas copias no centro. Pódese atopar acudindo ao centro en horario de atención ao público, no apartado Secretaría Virtual / Admisión 2022-2023 da web do centro e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Copia do DNI do/a alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde figure.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
  • Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente (excepto alumnado que se matricula en 3 anos).

Se prefire presentar a solicitude de xeito telemático deberá facelo pola súa conta a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, identificándose coa CHAVE365 ou certificado dixital.

Entrega de solicitudes presenciais (2 copias):

  • Non se recollerán solicitudes riscadas ou correxidas.
  • Lean ben as instrucións antes de cubrir a solicitude.
  • Horarios de entrega (pregamos sexan respectados):
    • Mañás: en horario de atención ao público
    • Tardes: luns de 15.45 a 16.30 horas e martes de 16.00h a 17.00h 
    • Para outros horarios chamen previamente ao centro: 988 221 127

Calendario do proceso

Outros datos de interese:

  • Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • No caso de separación ou divorcio é necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Art. 14.4)
  • En caso de ser necesario o proceso de baremo, POR MOTIVOS DE RECIBIR MÁIS SOLICITUDES QUE VACANTES, o centro solicitará máis documentación ás familias.
  • Para a valoración da renda da unidade familiar, as persoas interesadas:
    • Deben poñer no apartado renda a cantidade resultante das casiñas 435 e 460 da declaración do ano 2020.
    • No apartado renda per cápita porán a cantidade resultante de dividir o apartado renda entre o no de membros da unidade familiar a 28 de febreiro de 2022.

Letras de desempate:

  • 1º apelido: “V” e “U”
  • 2º apelido : “A” e “Z”

Áreas de influencia e limítrofes: 

  • Áreas de influencia:
    • Perímetro comprendido por: parte leste da N-540 desde os límites do termo municipal ata cruce con Avenida de Marcelo Macías (Fonsillón, Laxas…). Marcelo Macías, rúa Domingo Fontán, rúa da Coruña, ata vía do tren. Parte oeste da vía férrea ata o límite do termo municipal (Cruceiro Quebrado, Residencia…).
    • Todas as rúas interiores dentro deste perímetro.
  • Áreas limítrofes:
    • Resto do municipio.

Descargar esta información en PDFSolicitude de admisión (Anexo II e II bis/ ED550B)

Tamén che pode interesar…

Secretaría virtual (sección «Admisión 22/23»)
 
 

Comments are closed.