#VOLVEMOS – Viaxe a Santiago (5/11/2021)

12/11/2021 at 20:45 / by

«Volveremos»: unha verba, unha promesa que nunca deixamos de pronunciar… pero por fin chegou o día na que se fixo realidade, o momento que tantos nenos e nenas estaban agardando. Máis de 800 días despois desde a última vez, 5º e 6º de primaria puido saír da provincia! O venres 5 de novembro de 2021 estivemos en Santiago de Compostela. Pola mañá visitamos o Museo Pedagóxico de Galicia e o Parlamento. Xantamos no campus universitario (Facultade de Xornalismo) e pola tarde visitamos o Parque da Balea situado no entorno do Gaiás e o Museo de Historia Natural (MHN). Unha xornada moi completa que serve como punto de partida para un novo comezo nunha nova etapa que estamos a vivir…

Protocolo COVID-19:

1. Transporte: cada curso viaxou nun autobús diferente cun nivel de ocupación maior ao que corresponde por normativa.

2. A distribución no transporte e o xantar gardou consonancia coa súa localización diaria na aula, respectando os contactos estreitos habituais de cada compañeiro/a.

 
 

Comments are closed.