Aprendendo con arte (4º infantil)

25/03/2021 - 13:26

Un curso máis, os nenos e nenas da aula de tres anos inspiráronse en recoñecidos artistas para desenvolver a súa creatividade. Traballaron a figura do círculo imitando obras de Kandinsky empregando diferentes técnicas e coñeceron a Joan Miró, de quen fixeron unha representación fantástica da súa obra “Autorretrato”, ademais de empregar outro dos seus cadros para identificar diferentes figuras xeométricas. Pasárono xenial polo que na seguinte avaliación, o arte voltará de seguro á aula destes grandes artistas!

Galería fotográfica completa

 
 

Os comentarios están pechados