Visita o Salón de Plenos

28/03/2019 - 12:30
Escrito pola xornalista Myriam Álvarez (5º primaria)

O martes 26 de marzo os alumnos de 5º de primaria fomos de visita ao Salón de Plenos de Ourense. Alí sentámonos nas cadeiras onde interveñen os concelleiros. Cando xa estabamos todos preparados veu unha muller que se chamaba Inés. Era a xefa de protocolo. Explicounos cousas moi interesantes, como por exemplo, que as bandeiras foron inventadas na época dos piratas, cales son os símbolos das bandeiras de Galicia e España, como era o escudo da cidade, etc.

Logo, deixounos facer un pequeno debate que xa levamos previamente traballado na clase sobre o transporte eléctrico e a construción dunha piscina en Mariñamansa cun campo de fútbol ao lado.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, fíxonos unha visita. Unha compañeira da clase entregoulle unha folla de ideas para mellorar a cidade. El dixo que procuraría facer moitas delas. Ao rematar a visita agasallounos cun libro titulado Augas de ouro. O mellor é que nos firmou o exemplar a todos.

Que ben o pasamos!


 

 
 

Os comentarios están pechados