Reparto de froita no recreo

29/03/2019 at 16:40 / by

Do 1 ao 12 de abril faremos un reparto de froita fresca (mazá ou plátano) para o seu consumo nos recreos. Dende o noso colexio somos conscientes de que co noso apresurado ritmo de vida, é moi difícil desenvolver unha alimentación saudable e variada; por iso e baixo o abeiro do FOGGA, este curso participamos de novo no reparto de froita fresca para todos os nosos alumnos e alumnas.

Este programa pretende concienciar a toda a comunidade escolar do fundamental que resulta un consumo de froita fresca e para iso estableceu unha serie de axudas económicas que pretende introducir estes productos nas dietas diarias dos nosos estudiantes. Dende o noso centro animámosvos a participar e a potenciar o consumo de froita fresca todos os días do ano, para ter unha alimentación máis saudable e diversa.

 
 

Comments are closed.