O proxecto «European Culture» do que formamos parte foi avaliado favorablemente pola EACEA
Estamos de noraboa! O curso pasado participamos nun proxecto internacional impulsado pola Fundación Jean Monnet, en colaboración coa Universidade de Vigo e o CFR de Ourense, co obxectivo de xerar recursos didácticos que permitan afondar no coñecemento da cultura europea.
O equipo de traballo de primaria na nosa provincia estivo coordinado por David Rial Araújo e contou coa participación activa das mestras María José Graña Coello e Victoria Fernández Campo. Meses despois acabamos de coñecer que foi avaliado favorablemente pola Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA).
![](https://colexiosanpiox.gal/wp-content/uploads/2019/02/52694932_1886096031499711_554282245561516032_n.jpg)