Mensaxe de benvida – Curso 2019/20

10/09/2019 at 23:20 / by

Publicado por María José Graña Coello

Co recendo das xornadas de lecer aínda na nosa pel empezamos un novo curso, unha nova andadura… Os comezos non son doados. No camiño deste novo curso atoparémonos con pequenos ou grandes obstáculos. Quizais algunha vez teñamos que volver atrás pero aprenderemos de cada paso e trataremos de deixar marca en cada un deles .

Equipémonos das ferramentas necesarias, concentrémonos no fundamental, que non nos distraian as beiras do camiño e fagamos que cada paso conte.


Bo inicio!

 
 

Comments are closed.