Falando da natureza co SEPRONA

11/04/2019 - 10:45
Escrito polos xornalistas Dani Gulín e Irene Arce (5º primaria)

O pasado martes día 9, un garda civil estivo no noso colexio. Traballaba no SEPRONA (Servizo de Proteción da Natureza). Contounos o que fai cada día no seu traballo: comprobar que a auga dos ríos esté en boas condicións, curar animais e previr incendios (naturais ou provocados). 

Tamén nos contou unha fermosa historia sobre un can que unha familia abandonara e Arturo, o garda, atopáralle un novo fogar. 

Todo foi divertido. A conclusión que sacamos é que debemos coidar moito a natureza!

 
 

Os comentarios están pechados