A lingua de signos a través dos contos

01/04/2019 - 10:00
Escrito polo xornalista Dani Gulín (5º primaria)

O venres 29 de marzo chegaron ao noso colexio unhas rapazas. Tratábase dun contacontos! Coñecimos unha historia moi bonita pero o mellor de todo foi que unha delas facía xestos: tratábase da linguaxe de signos.

Despois ensináronnos o abecedario desta lingua e algunhas palabras, como os nomes de certos animais. Tamén aprendimos un mensaxe moi fermosa: Nunca xulguedes a alguén polo seu físico.

 
 

Os comentarios están pechados