49º Festival da Canción Misioneira

12/03/2018 at 12:15 / by

O día 9 de marzo participamos un ano máis no festival da canción misioneira. O grupo Bule-Bule foi o responsable de cantar a canción Atrévete (letra e música: Francisco J. Gómez Álvarez e Javier Fernández Quintas).

O fin de festa correu a cargo do grupo Brincadeira, formado por alumnos de varios cursos; todos eles puxeron o punto final con cancións e coreografías do musical El Rey León

 
 

Comments are closed.