Adeus a unha promoción alegre, divertida, participativa…

22/06/2017 at 09:00 / by

A partir de agora ábrese unha nova etapa e a palabra que mellor a define é ilusión. Poñede a ilusión máxima en todo o que aprendedes e, sobre todo, comezade cada día cun sorriso. Non dubidedes ante as dificultades, apretade os dentes e seguide cara adiante. Utilizade sempre nas vosas actuacións o diálogo, a humildade, a honestidade, a solidariedade, o entusiasmo, a perseverancia e, por suposto, o gusto polo traballo ben feito. Con estes valores seguro que seredes capaces de lograr todo o que vos propoñades. Grazas a todos e ata sempre!


Contido relacionado…

Homenaxe de despedida feita polo alumnado para os seus mestres (vídeo)
 
 

Comments are closed.