Estamos no aire! (Visita a Ourense Si Radio)
O luns 14 de marzo de 2016 os alumnos de 6º de primaria tiveron a ocasión de coñecer como é unha radio por dentro e intervir en directo nun dous seus programas. Ourense Si Radio foi a responsable de facer posible esta experiencia, que se empezou a artellar nas propias clases de lingua.
En primeiro lugar realizouse un achegamento conceptual sobre explicacións técnicas relacionadas co funcionamento do medio. Logo, o mestre puxo en marcha agrupamentos mixtos e asignoulles as temáticas que máis lle interesaban aos seus integrantes; todo isto co obxectivo de crear un programa estruturado en seccións:
- Entrevista inicial.
- Sección musical (repaso do pasado e o presente)
- Sección deportiva (análise e tertulia sobre a Liga)
- Noticias curiosas
- Avances tecnolóxicos
- Reberto Responde!
Esta última foi especialmente emocionante, xa que os rapaces puideron facer preguntas ao presentador sen que el soubera nada ata o momento. Toda unha argallada da que Roberto puido saír airoso!