Cando os debuxos escapan do papel

22/01/2016 - 20:05

A realidade aumentada é unha tecnoloxía que podemos aproveitar en multitude de ámbitos. Neste curso, a proposta estrela foi incorporala nas clases de plástica. Os rapaces de 1º e 2º de primaria puideron ver como os seus debuxos cobraban vida en tres dimensións voaban ou se movían ás súas ordes.

En primeiro lugar, os mestres imprimiron unha lámina para colorear segundo o gusto de cada un. Logo, e coa axuda da cámara dun dispositivo móbil puideron observar o resultado final.

Non hai dúbida de que todos quedaron moi abraiados!

 
 

Os comentarios están pechados