Aquí todos estamos baixo o mesmo sol

01/02/2016 at 16:40 / by

Publicado por Adrián Plaza (6º primaria)

O día 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non Violencia. Comezamos cunha Eucaristía na que nos lembraron unha vez máis o importante de sementar a paz ao noso redor, cos compañeiros, no cole, na casa, no patio…

Rapaces de 2º de primaria, amosando o seu traballo elaborado nas clases de plástica.

E, falando de patio, aí foi onde todos xuntos bailamos a canción El Mismo Sol de Jennifer López e Álvaro Soler; para rematar plantamos dous olivos. Foi unha bonita experiencia que quedará nos meus recordos.

 
 

Comments are closed.