1ª Xornada de Portas Abertas

18/02/2016 - 16:45

Este ano foron varios os pais e as nais que amosaron o seu interese en coñecer máis a fondo o noso centro e, deste xeito, establecer un contacto inicial co futuro colexio dos seus fillos. Tendo en conta estas inquedanzas o 16 de febreiro convidamos a toda a comunidade educativa a unha xornada de portas abertas. Ao longo desta sesión o equipo docente comentou toda a información básica e os servizos ofertados. Ao remate proxectouse un vídeo no que se resume a nosa esencia e forma de traballar a diario: moita ledicia e entusiasmo!

 
 

Os comentarios están pechados