Normativa de centro
Aquí repasamos algunhas das normas que aparecen recollidas no NOFC
- Oración: Comezamos as clases da mañá cunha oración.
- Ausencias: Toda ausencia debe ser comunicada ao titor por medio dunha nota escrita dos pais ou titores (Véxase: Modelo de notificación de ausencias e demoras). No caso de ausencias reiteradas ou prolongadas por enfermidade será necesario aportar un informe médico. Hai que chegar puntual ás clases, para non interromper o seu desenvolvemento. As demoras reiteradas serán motivo de sanción.
- Absentismo: É a ausencia ao centro do 10% do horario lectivo mensual sen causa debidamente xustificada (Art. 22 Decreto 299/2011) Ausencias que SÍ son xustificables: Citacións que impliquen un deber inescusable; morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao; tramitación de documentos oficiais; indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de dous días lectivos; enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.
- Indumentaria: Todos os alumnos de infantil e primaria asistirán ás clases debidamente aseados e coa vestimenta apropiada. O uso do chándal será obrigatorio para as clases de educación física e nas actividades realizadas fóra do recinto escolar. Prestade atención para non esquecer na casa o material escolar necesario. Tanto o mandilón coma o chándal e as prendas de abrigo deberán vir debidamente marcadas para poder ser identificados en caso de extravío.
- Apropiación indebida: Todas as cousas teñen o seu dono. Non te apropies do que non che pertence. Se atopas algo no centro, entrégallo ó titor/a. O colexio non se responsabiliza do diñeiro ou obxectos de valor que extravíen os alumnos/as.
- Material: Non está permitido o uso de material que non teña relación coas actividades escolares e extraescolares (móbiles, aparellos electrónicos, etc.). Os obxectos recollidos non se devolverán ata o final do curso.
- Estragos: Sé responsable das cousas que se che confían e das que poidas aproveitar, coma instalacións, material escolar, deportivo… Os estragos causados polos comportamentos inadecuados correrán a cargo dos alumnos/as.
- Vocabulario: Que a túa linguaxe sexa propia dunha persoa educada: coida de non dicir palabras malsoantes, insultos, etc.
- Respecto: Nas entradas e saídas respecta aos teus compañeiros: non corras, non berres nin empurres, sobre todo nas escaleiras
- Orde: Para lograr un ambiente máis agradable, mantemos limpa e ordenada a clase. Utilizaremos a papeleira no patio
- Entrada e saída: Os pais e titores dos alumnos de infantil e primaria non pasarán ás clases. Deixarán os nenos na entrada do patio. Comproba que non esqueces nada na aula pois non se permitirá entrar unha vez rematada a xornada escolar (14:00h)
- Celebración de aniversario: Non se admitirán bolsas preparadas cheas de golosinas. Unha bolsa de gusanitos, un chupa-chus ou similar é suficiente.
Tamén che pode interesar…
Dereitos e deberes do alumnadoFaltas e sancións