Faltas e sancións

Segundo o contemplado no NOFC (normas de organización e funcionamento do centro) contémplanse unha serie de condutas que poden ser constitutivas de ser sancionables. Estas, dependendo da súa gravidade, poden clasificarse en leves, graves e moi graves. De producirse aplicaranse as medidas correctores correspondentes, tendo en consideración a figura do titor e da Comisión de Convivencia.

 

Faltas leves

[expand title=»Fai clic para amosar/agochar»]

  • As faltas inxustificadas de puntualidade.
  • As faltas inxustificadas de asistencia a clase.
  • Deterioro non grave, causado con intención, das dependencias do centro, do seu material ou dos obxectos e pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
  • Calquera acto inxustificado que perturbe levemente o normal funcionamento das actividades do centro.
  • Calquera outra non recollida aquí que a xuízo do mestre sexa considerada como leve.

    As sancións que se contemplan para este tipo de faltas leves son as seguintes: 

  • Amoestación privada.
  • Amoestación por escrito, da que conservará constancia a Xefa de Estudos e que será comunicada aos pais.
  • Realización de tarefas, se procede, que cooperen na reparación en horario non lectivo dos estragos non graves.
  • Realización de tarefas que contribúan ao desenvolvemento e a unha mellora das actividades do centro.

[/expand]

 

Faltas graves

[expand title=»Fai clic para amosar/agochar»]

  • Chegar tarde a clase de xeito continuado.
  • Non facer deberes ou traballos encomendados.
  • Non traer os libros, cadernos e demais materiais á clase.
  • Non vestir roupa deportiva nas horas correspondentes.
  • Pelexarse dentro do recinto escolar.
  • Danar as paredes ou o resto de mobiliario do centro.
  • Tirar pedras.
  • Portar obxectos punzantes.
  • Reincidir en falta leve.
  • Calquera outra non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como grave.

As sancións que se contemplan para este tipo de faltas graves son as seguintes: 

  • Realización de tarefas que contribúan á reparación dos danos materiais causados, se procede, ou á mellora e desenvolvemento das actividades do centro. Estas tarefas deberán realizarse en horario non lectivo por un período que non poderá exceder do comprendido entre dúas avaliacións.
  • Suspensión do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases por un período máximo de sete días lectivos, sen que iso implique a perda dalgunha avaliación e sen prexuízo de que comporte a realización de determinados deberes ou traballos no domicilio do alumnado.

[/expand]

 

Faltas moi graves

[expand title=»Fai clic para amosar/agochar»]

  • Faltar a clase sen xustificación, falsificar firmas ou datos.
  • Faltar ao respecto e desobedecer manifestamente ao persoal do centro.
  • Incumprimento dunha ou varias medidas correctoras.
  • Non respectar o edificio, as instalacións e o material do centro, danándoo, destruíndoo  ou roubando premeditadamente
  • Calquera outra falta non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como moi grave.

As sancións que se contemplan para este tipo de faltas moi graves son as seguintes: 

  • As que sexan determinadas pola Comisión de Convivencia e convocarase ao Consello Escolar.

[/expand]

 

Tamén che pode interesar…

Dereitos e deberes do alumnadoNormativa do centro

Coñécenos Os nosos valores Organigrama