Dereitos e deberes do alumnado
Dereitos
O exercicio dos dereitos dos alumnos implica o respecto aos dereitos dos demais membros da Comunidade Educativa. Entre eles, atópanse os seguintes:
[expand title=»Fai clic para consultar»]
- Todos os alumnos/as teñen os mesmos dereitos. Todos alumnos/as teñen dereito ás mesmas oportunidades: non discriminación por raza, sexo, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas ou discapacidades físicas ou psíquicas. Este centro establecerá as medidas oportunas para que ningún alumno/a se vexa discriminado.
- A ser informados sobre as bolsas que a Administración pon á súa disposición.O Consello Escolar velará polo correcto exercicio dos dereitos e deberes dos alumnos e dentro del funcionará a Comisión de Disciplina que resolverá todas aquelas situacións conflitivas máis comúns.
- Dereito a ser avaliados con obxectividade de acordo aos criterios empregados nos contidos mínimos de cada materia. Sen prexuízo disto o alumnado poderá aclarar cos seus titores aqueles aspectos relativos a contidos e avaliacións que non estean claros. Os profesores/as deberán mostrar as probas escritas aos alumnos/as que as soliciten así como explicar o por que da cualificación obtida. Contra as cualificacións ou decisións que se adopten ao rematar un ciclo ou curso os alumnos/as ou os seus titores/as legais poderán reclamar, dentro dos prazos establecidos. As reclamacións faranse sempre tendo en conta á non adecuación da proba ós obxectivos ou contidos ou na incorrecta aplicación dos criterios de avaliación. A solicitude destas reclamacións por parte dos alumnos ou titores deberán presentarse por escrito na Secretaría do Centro no prazo estipulado. En ningún caso se permitirá falta algunha de respecto ou cuestionar a profesionalidade do profesor; de non manterse o debido respecto, poderá terse en conta á hora da admisión do alumno no centro.
- Todos os alumnos/as teñen dereito a que as súas actividades académicas se desenvolvan nas debidas condicións de seguridade e hixiene.
- Dereito a que se respecte a liberdade de conciencia, conviccións morais, relixiosas e ideolóxicas así como á intimidade no que atinxe a tales crenzas ou conviccións.
- Dereito a que se respecte a súa integridade física e moral e a súa dignidade persoal, non podendo ser obxecto en ningún caso de tratos vexatorios e degradantes.
- Dereito a que o centro manteña unha actitude de reserva con aquela información relativa ás súas circunstancias persoais e familiares.
- Dereito á liberdade de expresión sempre con debido respecto ás institucións e ós seus membros.
- Teñen dereito a recibir unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade, desenvolvemento que esixe unha xornada de traballo acomodada á súa idade e unha planificación equilibrada das súas actividades de estudio
- En caso de accidente ou enfermidade prolongada os alumnos/as contarán cun apoio específico para que, no posible, non supoña detrimento do seu rendemento escolar.
[/expand]
Deberes
O principal deber do alumnado é aproveitar positivamente o posto escolar que a sociedade pon á súa disposición: durante as clases o alumnado deberá manter unha actitude de participación e colaboración evitando todo o que poida perturbar o desenvolvemento da mesma.
Ademais, teñen os seguintes deberes:
[expand title=»Fai clic para consultar»]
- Seguir as orientacións do profesorado e amosarlle o debido respecto e consideración.
- Os alumnos/as non poderán saír do recinto do centro durante o horario lectivo.
- Teñen o deber de asistir a clase con puntualidade.
- Os alumnos que individual ou colectivamente causen danos de forma intencionada ou por neglixencia nas instalacións do centro ou ao seu material, quedan obrigados a reparar o dano causado e a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Igualmente o alumnado que substraese bens do centro, deberán restituílos. En todo caso, os pais ou representantes legais dos alumnos/as serán responsables civís nos termos previstos nas leis.
- Ningún alumno/a poderá permanecer nos corredores, escaleiras ou lavabos nas horas de clase, nin entre clase e clase.
- O alumnado manterá unha actitude de respecto e consideración con todos os membros da comunidade escolar, non discriminando a ninguén por razóns de raza, idade, relixión, carácter, situación social ou económica. Non se permitirán insultos ou expresións lesivas á dignidade e integridade das persoas.
- Os alumnos/as manterán debidamente limpo todo o recinto escolar, especialmente as súas respectivas aulas e mesas.
- Para asistir ó centro os alumnos/as deberán observar unhas mínimas medidas de aseo e cun atavío axeitado
- Os participantes en actividades extraescolares ou viaxes de estudo, estarán obrigados a gardar as normas que se diten, ademais das deste regulamento.
[/expand]
Tamén che pode interesar…
Normativa do centroFaltas e sancións