TECNOLOXÍA CON CABEZA…
Navega con sentidiño
A educación dixital é unha tarefa compartida entre a escola e as familias. Acompañar á infancia no mundo dixital é tan importante como facelo no mundo real. Aquí explicámosche a nosa visión pedagóxica e tamén atoparás recursos, guías e ferramentas para informarte, resolver dúbidas e fomentar un uso seguro, responsable e equilibrado da internet e das novas tecnoloxías.
Ademais, se tes algunha preocupación relacionada con estes asuntos lembra que tamén podes contar con nós para orientarte e que te guiemos na procura de solucións.
20+
recursos variados

o desafío de educar nun mundo «conectado»
A nosa visión da tecnoloxía
01.
A tecnoloxía é un medio, nunca un fin.
No noso centro entendemos que a tecnoloxía debe estar ao servizo da educación e non ao revés. Por iso, non empregamos dispositivos por rutina nin porque estean de moda, senón cando realmente contribúen a mellorar a aprendizaxe, facilitar a comprensión dun contido ou enriquecer unha experiencia educativa. O importante non é utilizar máis tecnoloxía, senón utilizala mellor.
02.
Equilibrio entre o dixital e o analóxico
Cremos nunha educación equilibrada, na que a tecnoloxía convive con outras formas de aprender. A lectura, a escritura manual, a resolución de problemas, o traballo cooperativo, a actividade física, a creatividade ou a experimentación seguen ocupando un lugar fundamental no noso día a día. As pantallas son unha ferramenta máis, pero nunca substitúen a riqueza das experiencias presenciais nin das relacións humanas.
03.
Preparados para un mundo cada vez máis dixital
O alumnado debe adquirir competencias dixitais que lle permitan desenvolverse con autonomía, seguridade e sentido crítico. Para iso, o centro dispón de Chromebooks propios que se poñen gratuitamente á disposición do alumnado para complementar determinadas actividades e proxectos. En 3º e 4º de primaria empréganse principalmente para tarefas grupais e experiencias compartidas, mentres que en 5º e 6º permiten ampliar as posibilidades de traballo individual e colaborativo. Sempre cun uso progresivo, responsable, supervisado e adaptado á idade do alumnado.
Caixa de ferramentas dixitais
Abre, explora e atopa o que máis que interese. Se botas algo en falta, podes facernos suxestións
- Evitar compras dentro de apps (Apple)
- Configurar controis en Google Play
- Axuda ao teu fillo/a configurar un dispositivo Apple
- Xestionar apps de Google Play
- Hábitos saudables para o uso de pantallas
- Ciberseguridade para familias (INCIBE)
- Test de autoavaliación sobre coñecementos xerais
- Test de coñecementos (menores e videoxogos)

