Proceso de baremación (Matrícula 2019/20)
O día 20 de marzo rematou o prazo de presentación de solicitudes de matricula neste centro para o vindeiro curso. O número de familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as foi superior ao número de prazas ofertadas. Esta situación obríganos a iniciar un proceso de baremación.
Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2019/20
Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2019/2020, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras «E» e «C»; así mesmo, afectan ao segundo […]