Construíndo instrumentos
Nas clases de música ,ademáis de coñecer as partituras ou a clave de Sol,tamén somos capaces de construír os nosos instrumentos musicais, que ademais de bonitos soan de marabilla.
Excursión a Castrelo de Miño (maio 2016)
O martes 31 de maio de 2016 os rapaces de quinto e sexto foron de excursión a Castrelo de Miño. Ao longo de toda xornada puideron participar en actividades acuáticas, repartidas entre a mañá e o serán: «Kaiak», Windsurf, traxecto en hidropedal e vela en barco.
Paixón pola natureza
Como xa é costume, este ano participamos no programa Voz Natura. Pasámolo moi ben conservando as zonas comúns. Unha bonita oportunidade para manter contacto coa natureza do colexio.
Vida e obra de Manuel María
Saímos na prensa! Os rapaces de quinto de primaria fixeron un traballo sobre a historia do poeta do Courel, co apoio do profesor de lingua, David Rial, e con ilustracións de Carlos Gallego.