Rap de María Victoria Moreno
O alumnado de sexto curso de primaria compuxo un rap de trece estrofas co que cantaron e danzaron acompañados dunha base musical que eles mesmos retocaron. Foi estreado no Festival do Día das Letras Galegas que celebramos no centro o 16 de maio de 2018.
eBook para iPad sobre María Victoria Moreno
Outro ano máis decidimos aproveitar a videonarración das Letras Galegas 2018 protagonizada polo alumnado de 5º de primaria e transformala nun libro dixital para iPad.
Infantil coñece a tradición dos Maios
Facendo mostra da súa creatividade e bo facer en equipo, o alumnado de infantil mesturou a súa maña para elaborar un Maio moi corido e celebrar así esta tradición tan coñecida na nosa provincia.
Saboreando
Os máis cativos do cole realizaron algunhas tarefas do máis entretidas. Os nenos e nenas de tres anos, que son uns grandes chefs, prepararon coa axuda da súa mestra uns deliciosos pingüíns de chocolate e plátano que devoraron con ansia. Son uns larpeiros!