Primaria agarda por nós!
«Nun breve pestanexo pasaron tres anos! O primeiro día todo era moi novidoso… pero pronto fixemos novos amigos. Na clase fixemos moitas cousas e iniciamos unha morea de aventuras. Descubrimos, aprendimos, equivocámonos e acertamos. Foron tres anos cheos de diversión…»
Excursión a Castrelo de Miño 2018
Este é un breve recordo da excursión de onte a Castrelo de Miño… Momentos cheos de diversión!
Sementando
Como non sabemos estar quietos e sabemos que se nos da xenial facer cousas chulas,este curso tivemos a gran idea de montar unha horta no noso cole.Puxemos todo o noso empeño en sementar pero este ano é certo que o clima nos puxo as cousas complicadas.
Celebramos o Día das Letras Galegas 2018
O 20 de marzo de 1963 tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano Día das Letras Galegas como data para «recoller o latexo material da actividade intelectual galega». A galardoada deste ano é María […]