Seguimos conectados… en Dinantia

07/09/2025 at 13:32 / by

A partir do 19 de setembro de 2025, Telegram deixará de empregarse como vía privada de mensaxes e comunicación grupal.

Desde o Colexio San Pío X queremos informar ás familias da decisión de modificar o noso sistema de comunicación privada e de aula, que actualmente se realiza a través da aplicación Telegram, a cal incorporamos en 2019 e resultou clave para estar conectados en contextos complexos como a pandemia da COVID-19.

Co obxectivo de seguir avanzando na dixitalización e ofrecer máis facilidades, adquirimos unha licenza da aplicación DINANTIA deseñada especificamente para centros educativos. Grazas a ela poderedes ter acceso ás seguintes funcionalidades:

  • Recibir avisos, notas e recordatorios en tempo real.
  • Consultar o calendario escolar (con algúns recordatorios en forma de notificación), actividades e excursións.
  • Enviar e recibir mensaxes ao profesorado e equipo directivo.
  • Xustificar faltas de asistencia sen papeis. Se o teu fillo/a non pode acudir, podes comunicalo esa mesma mañá e a ausencia quedará xustificada (sempre que non se prolongue demasiado). Tamén podes agardar ao seu regreso e enviar unha mensaxe indicando as datas nas que estivo ausente.
  • Solicitar reunións con calquera membro do centro.
  • Asinar autorizacións sen papeis cun PIN dixital (pode que algunhas si que sexa preciso entregalas en papel, como as actividades do Concello de Ourense ou determinados organismos)
  • Recibir determinados documentos (informes, xustificantes, etc.).
  • Contactar coa secretaria do centro para realizar trámites de carácter administrativo (solicitar certificados, entregar informes, etc.)
  • Consultar o menú do comedor.
  • Acceder ao Muro con novas e fotos do alumnado.
  • Outras opcións futuras (newsletter, etc.).

NORMAS BÁSICAS:

  • Dinantia, xunto co correo corporativo do centro e do profesorado, é a única canle oficial de mensaxería privada co colexio.
  • Deben respectarse os tempos: Dinantia é para avisos urxentes e cuestións cotiás pero non para chats continuos nos que establecer unha conversa longa ou chats continuos. Os asuntos académicos e de gran complexidade deben desenvolverse nas titorías presenciais, que tamén podes solicitar pola app escribindo unha mensaxe ao mestre/a que corresponda.
  • Podes contactar en días lectivos a partir das 08.00 h e ata as 18.00 h. O centro tamén intentará respectar este horario.
  • O profesorado intentará responder á túa mensaxe segundo lle sexa posible e de acordo ás preferencias que teña axustadas para a recepción das mensaxes.

COMO EMPEZAR?

1. Descargade a app en Google Play ou App Store. Tamén podedes iniciar sesión en dinantia.com desde un ordenador.

2. Existen dúas formas de iniciar sesión (sempre cos datos facilitados ao centro):

  • Correo electrónico: recibiredes un email cun enlace. Facede clic e regresade á app para entrar.
  • Móbil: recibiredes un SMS cun código. É a opción máis sinxela e recomendada.

3. Ao acceder por primeira vez veredes unha pantalla inicial para activar opcións como o menú escolar. A continuación tamén haberá que crear un PIN de 4 cifras, persoal e intransferible. Servirá para confirmar autorizacións e respostas.

4. AXUSTE RECOMENDADO: No panel lateral ide a Configuración → Páxina de inicio e escolle Bandeja de entrada en lugar de Muro. Así veranse primeiro as mensaxes importantes.

5. Asegurádevos de permitir as notificacións para non perder avisos.

SOPORTE E INDICENCIAS:

Se tedes dúbidas, hai incidencias ou precisas soporte técnico, podedes contactar co centro (cpr.sanpiox@edu.xunta.gal) ou co responsable TIC, David Rial (davidrial@colexiosanpiox.gal).+

QUE PASARÁ CON TELEGRAM DE AGORA EN DIANTE?

A nosa presenza en Telegram quedará reducida unicamente a esta canle pública @colexiosanpiox e o 🤖 PíoBot @colexiosanpiox_bot, que seguirán funcionando como vía de información xeral, semellante ao resto das nosas redes sociais, onde continuaremos compartindo avisos, novas e eventos abertos á comunidade.


Para ter acceso a Dinantia precisamos que asines esta autorización indicando os datos cos que desexas iniciar sesión na app.

Button Button 

 
 

Comments are closed.