Campamento de verán 2025

11/05/2025 at 23:42 / by

Onde?:
Colexio San Pío X

Datas:
Do 23 de xuño ao 31 de xullo


Este verán zarpa cos Campamentos Urbanos de ACTIVA!

Navegaremos por un mundo de diversión nas nosas cinco illas pirata, cada unha con emocionantes retos e actividades deseñadas para que os nenos e nenas vivan unha auténtica aventura. Contaremos con Xogos de auga, teatro improvisado, xincanas, deportes, reciclaxe creativa, misións secretas e actividades sensoriais.

Unha experiencia chea de creatividade, diversión e sorpresas, onde cada día é unha nova travesía. Preparados para a abordaxe?

Quen pode vir?

Alumnos e alumnas de educación infantil e primaria con moitas ganas de pasalo ben!

Cando e onde?

Desde o día 23 de xuño ao 31 de xullo no colexio, de luns a vernes no seguinte horario:

  • 08.00 a 09.00 h: Acollida (opcional)
  • 09.00 a 14.00 h: Campamento
  • 14.00 a 15.30 h: Comedor (opcional)

Prezos:

 

Inscrición:

Cumplimentar o FORMULARIO ONLINE na páxina web de Activa desde o 13 de maio ás 12.00 h ata o 6 de xuño ás 12.00 horas.

O pago do campamento será con tarxeta bancaria no momento de realizar a inscripción.

Ante calquera dúbida ou máis información:

Os grupos formaranse partindo do número de participantes inscritos. De non acadar un mínimo de 12 alumnos/as, ACTIVA resérvase o dereito a non iniciar a actividade, en cuxo caso informarase debidamente.


 
 

Comments are closed.